BASES DO CONCURSO

DESCRICIÓN

O concurso organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2018 con temática Cambio Climático, polo que, as diferentes probas a superar terán como referencia elementos que nos mostren a parte máis cercana do cambio climático.

O concurso constará de dúas fases:

1ª Fase non presencial: constará de 3 desafíos a realizar a distancia que se enviarán por correo electrónico (atrevete@galiciencia.com) para a súa valoración.

2ª Fase presencial: constará dun desafío final que terá lugar o venres 11 de maio de 11:00h a 12:00h durante a Galiciencia e na que participarán os 3 grupos mellor puntuados de cada categoría na primeira fase.

PARTICIPANTES

O concurso está aberto a todos os estudantes de entre 10 e 18 anos, establecéndose tres categorías:

  • Categoría A (4º, 5º e 6º de EP)
  • Categoría B (1º, 2º e 3º da ESO)
  • Categoría C (4º da ESO e Bacharelato)

Os estudantes participarán en grupos de 3 alumnos por grupo, non sendo posible facelo individualmente.

CONDICIÓNS E FORMATOS

As condicións e formatos de cada proba faranse públicos na web da Galiciencia (www.galiciencia.com) no momento da liberación dos desafíos.

PRESENTACIÓN DOS DESAFÍOS

Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán enviar un e-mail a (atrevete@galiciencia.com) coa resolución do desafío proposto e os seguintes datos:

  • Nome do grupo
  • Nome e apelidos dos integrantes
  • Curso
  • Nome e e-mail do centro ao que pertencen
  • Nome, e-mail e teléfono do profesor/titor do grupo

O envío do Desafío 1 dentro do prazo establecido, fai efectiva a inscrición no concurso.

Enviaranse, tanto o Desafío 1 (inscrición) como o resto, por correo ao seguinte enderezo: atrevete@galiciencia.com

O “nome do grupo” será o identificativo de cada grupo participante, aparecendo este no Asunto dos correos enviados.

XURADO

O xurado será asignado pola organización entre persoas expertas na materia.

RESOLUCIÓN

 A resolución do xurado en relación á primeira fase, farase pública nun prazo máximo de 15 días, unha vez rematado o prazo límite do último desafío.

A resolución do xurado en relación á segunda fase, farase pública o día 11 de maio de 2018 durante a entrega de diplomas da Galiciencia.

A resolución do concurso é inapelable.

PREMIO

Os grupos finalistas da primeira fase, e por tanto, participantes na fase final, recibirán un obsequio pola súa participación.

Os grupos gañadores do desafío final recibirán un diploma e un premio.

PROPIEDADE

Todos os traballos presentados quedarán en propiedade do PARQUE TECNOLÓXICO DE GALICIA, quen se reserva o dereito da súa exposición, reprodución ou publicación, sen que isto supoña perda da autoría dos traballos, cedendo os dereitos de reprodución, exposición e explotación non remunerada, pasando a incrementar o patrimonio cultural, sen que estes poidan ser obxecto de compravenda.

OBSERVACIÓNS

  • O feito de participar no presente concurso implica a aceptación total das bases.
  • A organización non se responsabilizará da non chegada dos traballos ao seu destino.
  • Os traballos que non cumpran as condicións de presentación non entrarán en concurso.
  • A organización resérvase o dereito de tomar decisións non reflectidas nas bases, así como solucionar calquera tipo de conflito na interpretación destas.
  • Tecnópole garante o correcto tratamento dos datos de acordo á LOPD (Lei orgánica de protección de datos 15/1999).

 

REALIZACIÓN E MANIPULADO

Os traballos deben ser realizados polos integrantes de cada grupo participante, polo que calquera dúbida na autoría destes será motivo da non participación no concurso.